BLOG

Mecenazgo

O Hockey Club Raxoi, tal e como se establece nos seus estatutos, é unha asociación que como obxectivo básico proponse promover e favorecer práctica da actividade física e deportiva a través Hockey a patíns, principalmente na nenez e mocidade.

Desgraciadamente cada día é máis complicado a consecución de patrocinios que faciliten a xestión económica dun club modesto tendo en conta os custos que supón a competición (material deportivo, equipamentos, fichas, árbitros e demais custos federativos).

Dende o Hockey Club Raxoi quereremos abrir a todos os nosos socios, amigos e simpatizantes a posibilidade de contribuír desinteresadamente ao noso labor de fomentar este deporte na cidade de Santiago de Compostela.

Para iso, podedes contribuír coas achegas que consideredes oportunas a través da seguinte ligazón de PayPal.