O hóckey sobre patíns é unha actividade extraescolar completa: os nenos e nenas aprenden a patinar, gañan equilibrio e coordinación, fan amizades e forman parte dun equipo. No Raxoi a diversión vai primeiro: na escola apréndese xogando e a competición nunca está por riba da formación, a saúde nin o benestar.
Idades
| Categoría | Idade |
|---|---|
| Escola | desde os 3 anos |
| Micro | 5 e 6 anos |
| Prebenxamín | 7 e 8 anos |
| Benxamín | 9 e 10 anos |
| Alevín | 11 e 12 anos |
| Infantil | 13 e 14 anos |
| Xuvenil | 15 e 16 anos |
| Junior | 17 e 18 anos |
A categoría depende do ano de nacemento; se tes dúbidas, escríbenos.
Escola de iniciación
Non fai falta saber patinar. A escola comeza desde cero, desde os 3 anos, con xogos para perderlle o medo aos patíns e aprender a moverse con eles. Colaboramos tamén con colexios e ANPAS en actividades extraescolares.
Os rapaces e rapazas que comezan con máis idade tamén teñen sitio: buscamos coa familia o grupo que mellor lle encaixa.
Horarios
Escola
- Martes 17:30–18:45 · Vite (pista)
- Xoves 17:30–18:45 · Vite (fuera)
Prebenxamín - Sicilia in Bocca
- Martes 16:30–17:45 · Vite
- Xoves 16:30–17:45 · Vite
- Venres 17:30–19:00 · Lamas
Horarios de todas as categorías
Material
Escríbenos antes do primeiro día e contámosche que fai falta levar e como conseguir patíns e proteccións. Para xogar nun equipo fai falta a equipación do club; tamén che contamos como conseguila.
Prezos
Cotas mensuais da tempada 2026-27, de setembro a xuño:
| Categoría | Cota | Irmáns |
|---|---|---|
| Escola e Micro | 25 € | 20 € |
| Prebenxamín | 45 € | 36 € |
| De Benxamín a Junior | 50 € | 40 € |
Os irmáns teñen un 20 % de desconto.
A familia pode facerse socia do club por 30 € ao ano: o pai, a nai ou o titor ten voz e voto na asemblea, e os deportistas teñen prezo reducido nas actividades do club.
Campus e eventos
Organizamos campus nas vacacións (verán, Semana Santa, Entroido e Nadal) para patinar, xogar e conciliar, e festas do club durante a tempada: o magosto, a comida de Entroido e as xornadas de portas abertas. Anunciámolos no blog.
Ven probar
O primeiro adestramento é para probar, sen compromiso. Escríbenos e dicímosche día e hora.