BLOG

Final de tempada nas categorías base do hóckey galego

Final de tempada nas categorías base do hóckey galego

Na mañá do domingo 12 de xuño, as categorías base do Hóckey Galego celebraron a súa festa de despedida.

Nesta festa o benxamín do Hóckey Club Raxoi recolleu a súa medalla de bronce.

Tamén tiveron medalla as peques e peques do micro.

Sumouse á nosa festa a nosa ex-adestradora” e ex-xogadora, pero sempre membro do noso Club, Laura, xa que foi como xogadora do Hóckey Club Liceo a recoller as medallas como campioa de Liga e Copa Federación, parabéns.

Acompañounos na recollida José Juan Fernández, representante do grupo Proinsa, grupo que nos patrocina ao través da súa marca de mexillóns Lorbe.