Parabéns!!!
Rematada a primeira fase, ou liga regular, só podemos dar os parabéns a todas as xogadoras e xogadores dos nosos equipos.
Estes parabéns son debidos a que todos os nosos equipos conseguiron situarse nun lugar que lles dá acceso a xogar a fase final no Grupo A.
Parabéns ao noso Prebenxamín!!
Parabéns ao noso Benxamín!!
Parabéns ao noso Alevín do Grupo 1!!
Parabéns ao noso Alevín do Grupo 3!!
Grazas aos nosos adestradores por un moi bo traballo, que non son só os resultados, se non que os nosos peques gocen TODAS E TODOS xogando.
E grazas tamén ao noso patrocinador principal, xa que sen a súa axuda isto sería moito máis complicado.

Ahhh!! E tamén nos permitimos dar os parabéns a todos os pais e nais polo esforzo de todas as semanas, tanto de partidos como de adestramentos.