Xornadas de tecnificación e empoderamento - hóckey patíns feminino - 11-12 de Novembro de 2017

Xornadas de tecnificación e empoderamento - hóckey patíns feminino - 11-12 de Novembro de 2017

O Hockey Club Raxoi en colaboración coa Concella

ría de igualdade, desenvolvemento económico e turismo do Concello de Santiago de Compostela ten o pracer de presentar as Xornadas de Tecnificación e Empoderamento en Hóckey Patíns Feminino a cargo de xogadoras internacionais e da Liga OK española de recoñecido prestixio.

Corpo Técnico que dirixirá a formación da xornada.

  • María Fernández Grande (Pulgui)

Como adestradora OK Liga:

2 veces campioa de OK Liga

2 veces campioa da Copa da Raiña

Como xogadora:

4 veces campioa de Europa de clubs

2 veces campioa da Copa da Raiña

1 vez campioa da OK Liga

  • Marta Soler Balcells

Como xogadora:

1 vez campioa de España

3 veces campioa de Europa de Clubs

1 vez campioa da OK Liga

2 veces campioa de Europa de seleccións

2 veces campioa do mundo de seleccións

1 vez campioa da Taça de Portugal

  • Silvia Borrás Lumbreras

8 veces campioa da liga catalana

6 veces campioa de España

3 anos como xogadora da selección española

1 vez campioa do mundo de seleccións

  • Estanislao García Requejo

Adestrador HC Liceo Feminino OK liga

Seleccionador galego feminino

Adestrador nacional

  • Libredon:

Unidad de Psicología y Coaching Deportivo

As devanditas xornadas van dirixidas a nenas con idades comprendidas entre os 8 e 16 anos.

A cuota de inscrición será de 10 € e nela estará incluida a comida do segundo día da actividade e un agasallo conmemorativo das xornadas.

Prazas limitadas: 30. Data límite de inscrición: 6 Nov. A admisión será por orde de chegada.

O lugar de realización das actividades será o Pavillón Municipal de Vite (Rúa de Carlos Maside, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña)

Programa:
-Dia 11 de novembro (sábado):
16:00-16:30 hs. Acollida e equipamento.
16:30-17:30 hs. Dinámica grupal: ‘Superándote e persiguindo o reto da igualdade deportiva no hóckey’ (Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo)..
17:30-20:00 hs. Sesión de adestramento a cargo de D. Estanilao García e en compañía das xogadoras do Liceo (Liga OK).
20:00-20:45 hs. Estiramentos e Aseo.

-Dia 12 de novembro (Domingo):
10:00-10:15 hs. Recepción e equipamento.
10:15-11:30 hs. Exercicios de quecemento.
11:30-12:00 hs. Traballo técnico con xogadoras e porteiras.
12:00-13:00 hs. Partido con adestramentos tácticos.
13:00-13:30 hs. Estiramentos e Aseo.
13:30-16:00 hs. Almorzo a cargo do Hockey Club Raxoi.
16:00-16:30 hs. Exercicios de quecemento.
16:30-17:00 hs. Mellora da técnica individual.
17:00-18:00 hs. Traballo técnico grupal con xogadoras e porteiras.
18:00-18:15 hs. Descanso e hidratación.
18:15-19:00 hs. Partido con adestramentos tácticos.
19:00-19:30 hs. Despedida e agasallos.
19:30-20:15 hs. Estiramentos e Aseo.

Para a inscrición e necesario cubrir o seguinte impreso e remitilo xunto coa copia da licenza federativa e o xustificante de pago á dirección de correo electrónico hockeyclubraxoi@hotmail.es.

Para máis información ou dúbida podedes poñervos en contacto co clube no teléfono 654.855.133.

Esperamosvos.